
«A diferenza entre boa e mala arquitectura, é o tempo que pasas nela».
David Chipperfield
Deseño de vivendas e espazos comerciais.
DESErxiO márcase como obxectivo crear espazos que sexan visualmente atractivos e á vez eficientes en termos de uso e funcionalidade, acompañando ao cliente en todas as fases do proxecto, desde a concepción das ideas ata a execución das mesmas, facendo deste proceso un camiño agradable e mesmo divertido para o cliente.
Tentando sempre conseguir os mellores prezos, a máxima rapidez e a mellor calidade nos acabados.
«Ao combinar o deseño funcional con elementos estéticos e creativos, lógrase un equilibrio entre a practicidade e a beleza na contorna»
No deseño funcional, considérase coidadosamente a distribución do espazo, o fluxo de movemento, a accesibilidade, o almacenamento e a organización.
Búscase maximizar o uso eficiente do espazo, e tense en conta a incidencia da luz natural,
asegurando que cada elemento e área cumpran unha función específica e contribúan ao
benestar e comodidade das persoas, sendo este o principal obxectivo do estudo.