Inicialmente o proxecto expúxose como unha intervención sinxela que mellorase as
circulacións e fixese da cociña e o salón dous espazos máis funcionais e confortables,
ademais, a obra había de realizarse nun período curto de tempo. Para iso propuxéronse
pequenos cambios na tabiquería, mantendo a distribución orixinal e modificando
lixeiramente as divisións existentes. Con isto conseguiuse unha mellor comunicación en
toda a zona de día.
Desde a cociña dáse paso a unha gran mesa de comedor por unha banda e á lavandería
por outro, ampliando a zona de traballo e a capacidade de almacenaxe. Desta maneira
aprovéitase a magnífica orientación da vivenda e conséguese que a luz natural atravese as
estancias dun lado a outro. Na zona de noite, a intervención é pequena, pero moi efectista.
O dormitorio principal pasa a ser un dormitorio con baño en suite grazas á apertura para
unha dobre porta que os permite comunicarse de maneira independente. Recuperouse o
formidable chan de eucalipto existente toda a vivenda, como fío condutor entre todas as
estancias e testemuña da época orixinal da construción.